Amplíase o prazo  de inscrición ata o xoves 26 ata completar o Autobus de 55 prazas, quedan 11 prazas.

SAÍDA: en autobus a Santiago ás 09:30 HORAS  DÍA  28 DE  XANEIRO (SÁBADO)

LUGAR: diante do edificio de correos, enfrente ao teatro Jofre

CHEGADA a Ferrol ás 19:30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)
PREZO: aprox. 7 euros, depende de número de inscritos,
no correo de confirmación que reciben os participantes constará o importe exacto, lugar e día de abono do billete do autobus.
DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 8 km ida e volta dende a zona vella de Santiago ata a cidade da cultura e viceversa.
PROGRAMA: andaina dende a zona vella de Santiago ata a cidade da cultura. Visita guiada ás 12.00. Comida polo exterior da cidade da cultura. Andaina de volta a zona vella de Santiago. Tempo libre para visitar a zona vella, tomar un café …… Saída do autobús ás 18.30

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol: alumnado, profesorado e persoal non docente e as súas familias.
Ler o resto desta entrada »

EOI-TV 3

Publicado: Decembro 3, 2011 en programas eoi_tv

Xa podemos ver a terceira emisión de EOI-Tv en rede!

EOI-Documental

Publicado: Decembro 3, 2011 en andaina, programas eoi_tv

Xa podemos ver o primeiro documental da EOI-Tv en rede!

BASES DO CONCURSO:

  • O EDL convoca o concurso “DESEÑA O LOGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA LINGUA GALEGA DA EOI DE FERROL”.
  • Poderá participar todo o alumnado da EOI de Ferrol.
  • O tema de traballo para o logo é un símbolo/imaxe ou unha ilustración coas letras: edl-eoi Ferrol, que a xuizo do autor sirvan de imaxen ao edl da EOI de Ferrol.
  • As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas, calquera contido empregado para o deseño do logo, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores.
  • O logo gañador será utilizado como imaxen institucional e representativa do edl da eoi de Ferrol e poderá utilizarse en todo os documentos oficiais ou membretes do centro.
  • O logo gañador quedará en propiedade do centro, adquirindo éste os dereitos de imaxen, adaptación y reproducción sobre o mesmo.
  • O prazo de presentación comeza o 28 de novembro e remata o 15 de decembro de 2011.
    Ler o resto desta entrada »

Segunda andaina – pisa da castaña O Courel

Publicado: Novembro 21, 2011 en andaina
Etiquetas:,

2ª ANDAINA : A FROXAN (O COUREL) A FESTA DA PISA DA CASTAÑA

ATENCIÓN: Dado o interese que despertou na eoi esta andaina ao Courel imos realizar unha preinscrición dende martes día 22  ata o sábado 26 de novembro. Esto é un preprograma, é decir, pode haber algunha pequena variación (no horario de saída/chegada, a cantidade a aboar.)

SAÍDA: 08:00 HORAS DÍA 10 DE DECEMBRO (SÁBADO)

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA

PREZO: cada participante aboará anticipadamente 14 euros aproximadamente para o autobus (ida e volta) e o xantar. Na inscrición definitiva informarase onde e cando.

REGRESO: SAÍDA DE FROXAN APROXIMADAMENTE AS 18.00 E CON CHEGADA A FERROL APROX.  ENTRE ÁS 20.00/20: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina por Froxan. Calculamos chegar a Froxan entre ás 10.00/10.30 e faremos durante 1h/1h15min a andaina de radar, ruta sinalizada pola asociación Fonte do Milagro. Logo participaremos na Festa da Pisa da Castaña co seguinte programa:
Ás 12:00 h. Posta en funcionamneto do sequeiro e explicación do seu funcionamento
Ás 13:00 h. Demostración do pisado e abandoxado
Ás 14:00 h. Pregón a cargo de Quico Cadaval
Ás 14:30 h. Xantar a base de Castaña Seca e productos do porco
Logo do xantar haberá música e continuará a demostración da pisa e abandoxado.

Ler o resto desta entrada »

EOI-TV 2

Publicado: Novembro 16, 2011 en programas eoi_tv, sen categoria

Xa podemos ver a segunda emisión de EOI-Tv en rede!

primeiro programa de EOI-TV

Publicado: Novembro 10, 2011 en programas eoi_tv

Programa nr. 1 EOI-TV

Xa podedes ver aquí a primeira emisión en rede do primeiro capítulo de EOI-TV!

1ª Andaina: a ruta dos muiños do Belelle

Publicado: Outubro 30, 2011 en andaina
Etiquetas:,
 1ª Andaina en novembro: a ruta dos muiños do Belelle
Fervenza do Belelle

Fervenza do Belelle

SAÍDA: 11:30 HORAS DÍA 13 DE NOVEMBRO (DOMINGO)

LUGAR: NEDA- DIANTE DA IGREXA DE SAN NICOLÁS

REGRESO A NEDA APROX. 16: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 8/9 km ida e volta ao longo do río Belelle. Calculamos chegar a fervenza do Belelle sobre as 13.30 onde faremos un descanso de uns 70/90 minutos para comer. Logo emprenderase a volta para chegar a Neda sobre ás 16.30.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila (non pasarse co peso!) e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familia Ler o resto desta entrada »

Inicio

Publicado: Outubro 23, 2011 en xeral

 

Benvid@s ao espazo virtual do EDLG (Equipo de dinamización lingüística da lingua galega) da EOI de Ferrol. Neste blogue iremos informando ao longo deste curso 2011-1012 de todas as actividades do proxecto lingüístico de centro: As andainas da eoi de Ferrol .

 Equipo de Dinamizacion Lingüística da EOI de Ferrol

PROFESORADO

Cani Oubiña, coordinadora e profesora do dpto de alemán

Victoria Penide, profesora do dpto de alemán

Charo Hermo, profesora do dpto de inglés

ALUMNADO

Xoán Lorenzo, alumno de portugués

Carolina Vidal, alumna de inglés

PERSOAL NON DOCENTE

Samuel Varela

 Contacto:

Correo electrónico: normalización@eoiferrol.org

Na eoi: venres de 09.00-10.30 no departamento de alemán

luns e mércores tamén no departamento de 17.30-18.30.