EOI-TV 3

Publicado: Decembro 3, 2011 en programas eoi_tv

Xa podemos ver a terceira emisión de EOI-Tv en rede!

EOI-Documental

Publicado: Decembro 3, 2011 en andaina, programas eoi_tv

Xa podemos ver o primeiro documental da EOI-Tv en rede!

BASES DO CONCURSO:

  • O EDL convoca o concurso “DESEÑA O LOGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA LINGUA GALEGA DA EOI DE FERROL”.
  • Poderá participar todo o alumnado da EOI de Ferrol.
  • O tema de traballo para o logo é un símbolo/imaxe ou unha ilustración coas letras: edl-eoi Ferrol, que a xuizo do autor sirvan de imaxen ao edl da EOI de Ferrol.
  • As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas, calquera contido empregado para o deseño do logo, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores.
  • O logo gañador será utilizado como imaxen institucional e representativa do edl da eoi de Ferrol e poderá utilizarse en todo os documentos oficiais ou membretes do centro.
  • O logo gañador quedará en propiedade do centro, adquirindo éste os dereitos de imaxen, adaptación y reproducción sobre o mesmo.
  • O prazo de presentación comeza o 28 de novembro e remata o 15 de decembro de 2011.
    Ler o resto desta entrada »

Segunda andaina – pisa da castaña O Courel

Publicado: Novembro 21, 2011 en andaina
Etiquetas:,

2ª ANDAINA : A FROXAN (O COUREL) A FESTA DA PISA DA CASTAÑA

ATENCIÓN: Dado o interese que despertou na eoi esta andaina ao Courel imos realizar unha preinscrición dende martes día 22  ata o sábado 26 de novembro. Esto é un preprograma, é decir, pode haber algunha pequena variación (no horario de saída/chegada, a cantidade a aboar.)

SAÍDA: 08:00 HORAS DÍA 10 DE DECEMBRO (SÁBADO)

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA

PREZO: cada participante aboará anticipadamente 14 euros aproximadamente para o autobus (ida e volta) e o xantar. Na inscrición definitiva informarase onde e cando.

REGRESO: SAÍDA DE FROXAN APROXIMADAMENTE AS 18.00 E CON CHEGADA A FERROL APROX.  ENTRE ÁS 20.00/20: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina por Froxan. Calculamos chegar a Froxan entre ás 10.00/10.30 e faremos durante 1h/1h15min a andaina de radar, ruta sinalizada pola asociación Fonte do Milagro. Logo participaremos na Festa da Pisa da Castaña co seguinte programa:
Ás 12:00 h. Posta en funcionamneto do sequeiro e explicación do seu funcionamento
Ás 13:00 h. Demostración do pisado e abandoxado
Ás 14:00 h. Pregón a cargo de Quico Cadaval
Ás 14:30 h. Xantar a base de Castaña Seca e productos do porco
Logo do xantar haberá música e continuará a demostración da pisa e abandoxado.

Ler o resto desta entrada »

EOI-TV 2

Publicado: Novembro 16, 2011 en programas eoi_tv, sen categoria

Xa podemos ver a segunda emisión de EOI-Tv en rede!

primeiro programa de EOI-TV

Publicado: Novembro 10, 2011 en programas eoi_tv

Programa nr. 1 EOI-TV

Xa podedes ver aquí a primeira emisión en rede do primeiro capítulo de EOI-TV!

1ª Andaina: a ruta dos muiños do Belelle

Publicado: Outubro 30, 2011 en andaina
Etiquetas:,
 1ª Andaina en novembro: a ruta dos muiños do Belelle
Fervenza do Belelle

Fervenza do Belelle

SAÍDA: 11:30 HORAS DÍA 13 DE NOVEMBRO (DOMINGO)

LUGAR: NEDA- DIANTE DA IGREXA DE SAN NICOLÁS

REGRESO A NEDA APROX. 16: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 8/9 km ida e volta ao longo do río Belelle. Calculamos chegar a fervenza do Belelle sobre as 13.30 onde faremos un descanso de uns 70/90 minutos para comer. Logo emprenderase a volta para chegar a Neda sobre ás 16.30.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila (non pasarse co peso!) e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familia Ler o resto desta entrada »