O EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) da EOI Ferrol (Escola Oficial de Idiomas de Ferrol) liga a súa existencia a unha serie de obxectivos a cumprir no curto e longo prazo.
A curto prazo, as metas son potenciar o galego oral no noso centro, procurar que a comunidade educativa desenvolva unha actitude positiva cara ó galego, identificándoo como unha lingua plenamente axeitada ás novas tecnoloxías, a unha vida activa e moderna.
A longo prazo os obxectivos serán:
- Potenciar o galego oral como lingua habitual no noso centro.
- Concienciar da importancia de preservar o medio natural.
- Favorecer a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e comunicación.
As actividades que organiza o EDL para tal efecto, e o resto de información que afecta a este proxecto, poden consultarse no seguinte enlace: PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO 2017-2018.
O EDL está formado por un grupo heteroxéneo de membros da EOI Ferrol (profesorado, alumnado e persoal non docente), aínda que a colaboración nas súas actividades inclúe ao resto de membros da comunidade escolar.
Parte dos membros do EDL da EOI Ferrol do curso 2017-2018