Deixar un comentario

I Andaina 2011-2012: Ruta dos muíños do Belelle

 1ª Andaina en novembro: a ruta dos muiños do Belelle
Fervenza do Belelle

Fervenza do Belelle

SAÍDA: 11:30 HORAS DÍA 13 DE NOVEMBRO (DOMINGO)

LUGAR: NEDA- DIANTE DA IGREXA DE SAN NICOLÁS

REGRESO A NEDA APROX. 16: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 8/9 km ida e volta ao longo do río Belelle. Calculamos chegar a fervenza do Belelle sobre as 13.30 onde faremos un descanso de uns 70/90 minutos para comer. Logo emprenderase a volta para chegar a Neda sobre ás 16.30.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila (non pasarse co peso!) e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familia

Para participar na andaina:
Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc.
Os/as participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: o prazo de inscrición pechou hoxe 10.11.2011 ás 00:00

Agradecemos a colaboración do Club de Montaña de Ferrol para establecer a ruta e grazas a sinalización feita por este club ao longo da andaina non nos perderemos (dúas raíñas branca e azul). Tamén podes descargar toda a información da andaina ao Belelle, preme aquí: 1ªAndaina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: