Deixar un comentario

II Andaina 2011-2012: A Festa da pisa da castaña no Courel

II ANDAINA : A FROXAN (O COUREL) A FESTA DA PISA DA CASTAÑA

ATENCIÓN: Dado o interese que despertou na eoi esta andaina ao Courel imos realizar unha preinscrición dende martes día 22  ata o sábado 26 de novembro. Esto é un preprograma, é decir, pode haber algunha pequena variación (no horario de saída/chegada, a cantidade a aboar.)

SAÍDA: 08:00 HORAS DÍA 10 DE DECEMBRO (SÁBADO)

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA

REGRESO: SAÍDA DE FROXAN APROXIMADAMENTE AS 18.00 E CON CHEGADA A FERROL APROX.  ENTRE ÁS 20.00/20: 30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina por Froxan. Calculamos chegar a Froxan entre ás 10.00/10.30 e faremos durante 1h/1h15min a andaina de radar, ruta sinalizada pola asociación Fonte do Milagro. Logo participaremos na Festa da Pisa da Castaña co seguinte programa:
Ás 12:00 h. Posta en funcionamneto do sequeiro e explicación do seu funcionamento
Ás 13:00 h. Demostración do pisado e abandoxado
Ás 14:00 h. Pregón a cargo de Quico Cadaval
Ás 14:30 h. Xantar a base de Castaña Seca e productos do porco
Logo do xantar haberá música e continuará a demostración da pisa e abandoxado.

IMPRESCINDIBLE: levar calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias.

Para participar na andaina:
Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.
Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc.
Os/as participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.
Recibirarse o domingo 27 correos de  información sobre a inscrición final.

A preinscrición rematou o sábado 26, ás 00.00h.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: