Deixar un comentario

Deseña o logo do EDL da EOI Ferrol

BASES DO CONCURSO:

  • O EDL convoca o concurso “DESEÑA O LOGO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA LINGUA GALEGA DA EOI DE FERROL”.
  • Poderá participar todo o alumnado da EOI de Ferrol.
  • O tema de traballo para o logo é un símbolo/imaxe ou unha ilustración coas letras: edl-eoi Ferrol, que a xuizo do autor sirvan de imaxen ao edl da EOI de Ferrol.
  • As obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas, calquera contido empregado para o deseño do logo, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores.
  • O logo gañador será utilizado como imaxen institucional e representativa do edl da eoi de Ferrol e poderá utilizarse en todo os documentos oficiais ou membretes do centro.
  • O logo gañador quedará en propiedade do centro, adquirindo éste os dereitos de imaxen, adaptación y reproducción sobre o mesmo.
  • O prazo de presentación comeza o 28 de novembro e remata o 15 de decembro de 2011.

  • Finalizado o prazo de presentación, os deseños exporanse na cafetería da eoi, e no blog andainasdoedl, estarán identificados cun número.
  • Haberá un xurado popular a través do blog e un xurado presencial na eoi composto por profesorado, alumnado e persoal non docente.
  • No blog haberá unha enquisa na que se poderá votar polo deseño que máis guste , dende o 16 ata o 20 de decembro.
  • O/A gañador/a recibirá un premio de 60 €.
  • O concurso poderá declararse deserto, se así o estima conveniente o xurado presencial. A decisión do xurado presencial será inapelable.
  • A participación no concurso implica a aceptación das bases.
  • O xurado dará a coñecer a súa decisión o 21 de decembro.
  • A participación neste concurso supón a aceptación destas bases e o ditame do xurado.
  • Presentación dos traballos:

– Na conserxería da EOI entregarase un sobre pechado cun seudónimo no exterior e no interior terá a seguinte documentación:

  • a) O logo presentado a concurso en formato dixital.
  • b) Dentro dun sobre pechado o nome e os apelidos do autor/a, o seu seudónimo, a lingua e o curso no que está matriculado/a, o enderezo electrónico e un teléfono de contacto.
  • c) A data límite de entrega dos traballos será 15 de decembro de 2011.

 O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA EOI DE FERROL

Tamén podes baixar as bases en formato pdf  aquí:  CONCURSOLOGOEDL.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: