Deixar un comentario

III Andaina 2011-2012: A Cidade da Cultura

SAÍDA: en autobus a Santiago ás 09:30 HORAS  DÍA  28 DE  XANEIRO (SÁBADO)

LUGAR: diante do edificio de correos, enfrente ao teatro Jofre

CHEGADA a Ferrol ás 19:30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)
DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 8 km ida e volta dende a zona vella de Santiago ata a cidade da cultura e viceversa.
PROGRAMA: andaina dende a zona vella de Santiago ata a cidade da cultura. Visita guiada ás 12.00. Comida polo exterior da cidade da cultura. Andaina de volta a zona vella de Santiago. Tempo libre para visitar a zona vella, tomar un café …… Saída do autobús ás 18.30

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol: alumnado, profesorado e persoal non docente e as súas familias.

Para participar na andaina:
Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.
Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc. Todo participante levará unha pegatina representativa da andaina.

Os participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: completar o formulario de inscrición no blog das andainas. Datas de inscrición dende o xoves 19 de xaneiro ata o luns día 23 de xaneiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: