Deixar un comentario

IV Andaina 2011-2012: Ferrol


SAÍDA: venres,9 de marzo ás 16:30
LUGAR: Praza do Himno galego (rúa Españoleto)
REGRESO:volta a Praza do Himno galego ás 18.30

DIFICULTADE: Fácil – será unha andaina duns 4 km (ida e volta) dende a Praza do Himno galego ata a casa natal de Carbalho Calero en Ferrol Vello, percorrendo varias rúas e parques.

PROGRAMA: Faremos un percorrido polas rúas da cidade, coñecendo aos persoeiros ferroláns relacionados coa cultura galega. A eles/elas temos dedicadas rúas, bustos, nomes de centros ….. ti sabes quen son?

Ven “andainar” e aprenderemos xuntos..

IMPRESCINDIBLE: calzado cómodo

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol: alumnado, profesorado e persoal non docente e as súas familias.

PARA PARTICIPAR NA ANDAINA:
Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc. Todo participante levará unha pegatina representativa da andaina. Os participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN:completar o formulario de inscrición no blog das andainas. Datas de inscrición dende o sábado 3 de marzo ata o xoves 8 de marzo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: