Deixar un comentario

V Andaina 2011-2012: As Fragas do Eume

SAÍDA: 11:30 HORAS DÍA 21 DE ABRIL (SÁBADO)
LUGAR: Fragas do Eume diante do refuxio dos pescadores Cal Grande

Como chegar: Dende Pontedeume ir en dirección a Monfero, a dous quilómetros aproximadamente, xirar a esquerda en dirección a Ombre e ao Mosteiro de Caaveiro. Continuar sempre de frente pasando as áreas recreativas ata chegar ao refuxio de pescadores de Cal Grande.

DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 15 km ida e volta polas Fragas do Eume. Calculamos chegar ao Mosteiro de Caaveiro sobre as 13.30h onde faremos un descanso de uns 70/90 minutos para comer. Logo emprenderase a volta para chegar ao punto de partida sobre ás 16.30/17.00h. Será unha andaina dende a ponte de Cal Grande pasando polas pontes de Fornelos e de Caaveiro ata o mosteiro.
REGRESO:
APROX. 16:30/17.00 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar?Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias.
Para participar na andaina:

Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega da EOI de Ferrol supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc.

Os/as participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: completar o formulario

Datas de inscrición dende o xoves 12 de abril ata o xoves día 19 de abril.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: