Prazas limitadas: 55
Se non vas de vivo has ir de morto
SAÍDA: do autobús ás 11:45h, SÁBADO DÍA 9 DE XUÑO
LUGAR:DIANTE DE CORREOS (enfrente teatro Jofre)REGRESO: A FERROL APROX. ÁS 18:50 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)
DIFICULTADE: FÁCIL – será unha andaina duns 10 km en total.
IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.
Programa: Sábado 9 de xuño
Hora | Actividade |
10.00 | Recepción na EOI de Ferrol da EOI da Coruña e das delegacións estranxeiras procedentes de Alemaña, Italia, Gran Bretaña e Romanía + pequena visita pola escola |
10.30 | Taller interactivo de galego (impartido por Mª José Conde) para as delegacións estranxeiras |
11.00 | Convite ás delegacións estranxeiras a café con pastas na cafetería da eoi |
11.30 | Saída dos “andainantes” da eoi ata correos/teatro Jofre para coller o autobus |
11.45 | Saída do autobus hacia San Andrés |
12.30 | Chegada a Capela de San Roque de Reboredo: punto de partida da andaina, hai uns 5/6 kms ata Santo André |
14.00 | Chegada a Santo André de Teixido: visita-comida-descanso |
15.30 | Saída en autobus ata a capela de San Antonio de Corbeiro |
15.45 | Andaina: dende a capela de San Antonio de Corbeiro baixada ata o castelo da Concepción, e dende alí entrar en Cedeira andandando pola zona do porto (uns 3/4km de costa abaixo e chan). |
16.45 | Unha vez en Cedeira tempo libre para tomar un café ……….. |
18.00 | Regreso a Ferrol con chegada aprox. ás 18.50h |
Quen pode participar?Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias.
Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega da EOI de Ferrol supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc. Os/as participantes aceptan estas bases ao inscribirse na andaina.
Datas de inscrición dende o mércores 30 de maio ata o mércores día 6 de xuño.