Deixar un comentario

I Andaina 2012-2013: Aula de ecoloxía e Ruta dos castelos

I Andaina 2012-2013: Aula de ecoloxía,  en barco ata San Felipe e andaina facendo a ruta dos castelos

Data: DÍA 28 DE OUTUBRO (DOMINGO)

Actividade: taller informativo/interactivo impartido na aula de ecoloxía urbana da concellería de medio ambiente de Ferrol. Faranse dous turnos.

1º turno: 10.00- 11.30 HORAS (máximo 25/30 persoas) O primeiro turno terá tempo libre “para tomar un café no peirao” ata a hora de saída do barco ás 13.15 no peirao.

2º turno: 11.30- 13.00 HORAS (máximo 25/30 persoas)
LUGAR: Parque Raíña Sofía – DIANTE da Aula de ecoloxía urbana                                                                                                                                   

SAÍDA en barco dende o peirao ás 13.15
REGRESO AO PEIRAO aproximadamente ás 17.30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)

DIFICULTADE da andaina: FÁCIL – será unha andaina duns 5/6 km ida e volta. Calculamos chegar ao Castelo de San Felipe sobre as 13.40 logo emprenderase unha andaina circular, incluido un descanso de uns 70/90 minutos para comer, entrevistas, fotos…. para chegar outra vez ao castelo aproximadamente ás 16.45. Ás 17.00 colleremos o barco de regreso ao peirao de Ferrol.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias.  

Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc. Todo participante levará unha pegatina representativa da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: