Deixar un comentario

II Andaina 2012-2013: A Ruta dos muíños de Esmelle

DATA: DÍA 25 DE NOVEMBRO (DOMINGO)

LUGAR DE ENCONTRO: Local Social da asociación de veciños de Esmelle (no correo de confirmación haberá un mapa co lugar sinalizado)

 HORA:11.30

REGRESO: ás 17.30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)    

                                                                                                          DIFICULTADE da andaina: FÁCIL – será unha andaina duns 6/8 km ida e volta. Teremos un descanso de uns 70/90 minutos para xantar e facer as nosas entrevistas, fotos, etc.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias.  Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar polo alumnado da eoi son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na eoiTV, na páxina web da eoi, etc. Todo participante levará unha “pegatina” representativa da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: completar abaixo o formulario de inscrición. Prazo de inscrición dende hoxe sábado día 17 de novembro ata o venres día 23  de novembro.

Participación nos equipos de gravación: o alumnado interesado pódese inscribir para participar nesta actividade durante a andaina.  Sortearanse 5 participantes para formar o grupo. Este grupo é  o encargado de documentar dixitalmente a andaina e posteriormente colaborará na súa difusión no progama da eoitv e na exposición de fotos das andainas.  O venres 23 establecerase contacto co alumnado que forme o equipo de gravación.

O equipo de gravación das andainas entra no sorteo o 30 de novembro, onde se sortearán  viaxes a República Checa (en marzo 2013 a Praga) a través do noso proxecto europeo FROG.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: