Deixar un comentario

III Andaina 2012-2013: Cerceda e visita a SOGAMA

 

Río Anllóns - Cerceda

DATA: Venres, 08 de febreiro

HORA DE SAÍDA: Ás 14:45 en autobús

LUGAR: Praza de Galicia (diante  do Edificio de Correos)

REGRESO:  As 21.30 h é a hora prevista para a chegada ao mesmo lugar de saída.

PROGRAMA: Unha andaina cun nivel de dificultade doado (uns 5 Km pola ruta Cerceda-Portobrea)  e posteriomente unha visita guiada por  SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Ao finalizar a visita en SOGAMA haberá unha “falandaina” con entrevistas tomando café e biscoito

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

Durante a visita á pranta de SOGAMA cada participante aterase ás normas de seguridade de Sogama enviadas aos correos de confirmación.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente e mailas súas familias). ATENCIÓN: Non poden participar os menores de 9 anos, non lles está permitida a entrada a SOGAMA.

A participación nesta actividade organizada polo EDL EOI Ferrol supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar polo alumnado da EOI son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOIi, na revista do centro, neste blog, en medios de comunicación, na EOItv, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

 

PRAZO DE PREINSCRICIÓN FINALIZADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: