Engadimos este artigo ao noso blog para amosar o noso agradecemento ao Club de Montaña Ferrrol, valioso colaborador na preparación das andainas que organiza o EDL.
Esta entidade, ubicada na comarca de Ferrol, naceu no ano 1974 e dende entón ven realizando actividades de escalada, montaña, esquí, espeleoloxía e naturaleza. O MontBlanc, por exemplo, foi conquistado dous séculos despois que os primeiros (Pacard e Balmat) por montañeiros de Ferrol.
Para acceder a máis información sobre a historia, actividades, inscrición no clube e outros artigos relacionados podedes premer na ligazón que deixamos de seguido e que estará ademais de forma permanente na sección de ligazóns de interese do blog: