Deixar un comentario

IV Andaina 2012-2013: Ferrol

Ferrol

DATA: Venres, 15 de marzo de 2013

LUGAR E HORA DE SAÍDA: Diante da EOI Ferrol ás 16:15 h

LUGAR E HORA DE REGRESO: EOI Ferrol ás 17:30

PROGRAMA: Alumnado e profesorado da EOI Coruña veñen a “andainar” coa EOI Ferrol. Imos amosarlles a nosa cidade. Será unha andaina guiada polo centro. Para a visita guiada contamos coa olaboración de Esperanza Piñeiro, alumna de francés.

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado

EQUIPO DE GRAVACIÓN: Os compoñentes do equipo entrarán no sorteo dunha viaxe a Udine (Italia) co proxecto europeo FROG,  viaxe que se realizará aprox. entre o 30 de xuño e 4 de xullo de 2013.

QUEN PODE PARTICIPAR? Os convidados da EOI Coruña xunto con toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e as súas familias).

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN: Participar nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na EOItv, na web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o xoves 07 de marzo ata o mércores día 13 de Marzo de 2013 cubrindo o formulario facilitado neste artigo.

IMPORTANTE: A participación na andaina quedará confirmada polo EDL mediante unha mensaxe ao correo electrónico que se facilite no formulario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: