Deixar un comentario

V Andaina 2012-2013: Xermade e SOTAVENTO

Sotavento

ATENCIÓN: Para esta andaina hai 55 prazas. Adxudicaranse as prazas por orde de entrada das inscricións. Esto é un preprograma, é decir, pode sufrir pequenas variacións en canto a horario de saída/chegada.

DATA: Sábado, 20 de Abril de 2013

LUGAR E HORA DE SAÍDA: Sairá un autobús de diante do Edificio de Correos  (enfrente ao teatro Jofre) ás 10:00 h.

LUGAR E HORA DE REGRESO: Aprox. ás 18:00 h no mesmo lugar de saída

PROGRAMA:

  • 11.00-13.00  Visita guiada por SOTAVENTO (Parque Eólico Experimental)
  • 13.00-14.15  Andaina 1º tramo da ruta Sotavento – Xermade (aprox. 5 km)
  • 14.15-15.30  Descanso duns 75 minutos para xantar, entrevistas, fotos, etc.
  • 15.30-16.45  Andaina 2º tramo da ruta Sotavento – Xermade (aprox. 5 km)
  • 16.45-17.15  Tempo libre en Xermade para un café ……….
  • 17.15-17:15  Saída do autobús dende Xermade a Ferrol

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

CONFIRMACIÓN DA INSCRICIÓN: Recibirase por correo electrónico xunto coas indicacións para facer o pagamento. O mércores 17 recibirase a confirmación de horario de saída e chegada.

EQUIPO DE GRAVACIÓN O equipo entrará nun sorteo dunha viaxe a Udine (Italia) co proxecto europeo FROG, que se realizará aprox. entre o 30 de xuño e 4 de xullo de 2013.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente e as súas familias)

A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI Ferrol, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na EOItv, na páxina web da EOI Ferrol, etc… Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o venres 5 ata o venres 12 de abril.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: