Deixar un comentario

VI Andaina 2012-2013: Ruta da Costa da Égoa

DATA: Domingo, 26 de maio051213_2128_2.png

LUGAR E HORA DE SAÍDA: Sairá un autobús de diante do Edificio de Correos  (enfrente ao Teatro Jofre) ás 11:00 h.

REGRESO: Ás 18.45 no mesmo lugar de saída

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado. Será unha andaina circular duns 15 km polo municipio de Carral.

PROGRAMA:

12:00-14:00  1º tramo (8 km)
14:00-15:15  Descanso para xantar
15:15-17:15  2º tramo (7 km)
17:15-17:45  Tempo libre (30 min. aprox., ata hora da saída do autobus ás 17.45)

PREZO: 8 € (ida e volta do transporte)

EQUIPO DE GRAVACIÓN: O equipo seleccionado entrará nun sorteo dunha viaxe a Konya (Turquía) co proxecto europeo FROG, que se realizará no vindeiro curso 2013-2014 aprox. a finais de outubro de 2013.  A condición para viaxar é estar matriculado no curso vindeiro.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da eoi de Ferrol: alumnado, profesorado e persoal non docente e as súas familias.

A participación nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística da lingua galega supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da EOI son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio, que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na EOItv, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o luns 13 de maio ata o martes día 21 de maio completando o formulario facilitado de seguido. Recibirase correo de confirmación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: