LUGAR: Estación de tren de Ferrol
HORA DE SAÍDA: Ás 07:55 (o tren sae ás 08:10)
REGRESO: O tren sae do apeadeiro de Silvalonga ás 17:15
PROGRAMA:
- 08:40-09:20: Andaina cara á Horta de conservación de froitas autóctonas
- 09:30-11:00: Visita guiada pola Horta contando coa colaboración de AGFA (Asociación Galega de Froitas Autóctonas) do Eume.
- 11:00-16:30: Ruta do río Aceiteiro contando cun descanso duns 90 minutos aproximadamente para xantar e facer as nosas entrevistas, fotos, etc.
- 16:30-17:00: Tempo libre para un café ………
- 17:15: Saída do tren dende Silvalonga a Ferrol
NIVEL DE DIFICULTADE: Doado
IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.
EQUIPO DE GRAVACIÓN: Os que queiran participar neste equipo deberán indicalo na inscrición. Son necesario/as 10 alumnos/as e dos dez, dous alomenos con coñecementos de inglés (mínimo intermedio).
Este equipo entrará nun sorteo de tres viaxes a Karditsa (Grecia) co proxecto europeo FROG, viaxe que se realizará aproxim. dende o 4 ó 10 decembro de 2013.
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou tentar aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe tendo en conta o coidado medioambiental e participar nas entrevistas a realizar polo alumnado da EOI son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro, neste blog, na EOItv, en medios de comunicación, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará um autocolante representativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.
INSCRICIÓN: Datas de inscrición dende o venres 11 de outubro ata o xoves día 17 de outubro completando o formulario que hai de seguido (Os campos relativos ao nivel de coñecemento de inglés por motivos técnicos o cubren todos os participantes pero só lles afecta aos interesados en participar no equipo de gravación)