Deixar un comentario

III Andaina 2013-2014: Visita á Granxa Maruxa e Ruta dos soutos e as carballeiras

Foto Andaina Granxa MaruxaDATA: Domingo, 23 de marzo

SAÍDA: Ás 09:30 diante do Edificio de Correos (Pza. de Galicia)

REGRESO:Saída do autobus ás 17:30 de Monterroso

PROGRAMA:

  • 11:00-13:30 Visita guiada pola Granxa Maruxa e degustación das galletas ecolóxicas “Maruxas de Nata”
  • 13:30-17:30 Ruta dos soutos e as carballeiras contando cun descanso duns 90 minutos para xantar
  • 17:30 Saída do bus cara a Ferrol

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado (aprox. 08 Km)

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

EQUIPO DE GRAVACIÓN: Os que queiran participar neste equipo deberán indicalo na inscrición. Son necesario/as 3 alumnos/as.

Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e mailas súas familias.

Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística (EDL) da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe tendo en conta o coidado medioambiental e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da EOI son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro, no blog das andainas (EOItv), en medios de comunicación, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o sábado 15 ata o mércores 19 de marzo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: