Deixar un comentario

IV Andaina 2013-2014: Praia das Catedrais – Ribadeo

Praia As Catedrais

DATA: Domingo, 11 de Maio.

SAÍDA: O autobús sairá ás 8:00 h dende diante do Edificio de Correos, fronte ao Teatro Jofre (Praza de Galicia).

REGRESO: Ás 18.00 h dende Ribadeo.

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado. Será unha andaina duns 18km dende a Praia das Catedrais ata Ribadeo

PROGRAMA:

  • 09:30-10:30 Praia das Catedrais
  • 10:30-13:30 Primeiro tramo da andaina (10Km aprox)
  • 13:30-14:30 Descanso e xantar
  • 14:30-16:30 Segundo tramo da andaina (8Km aprox)
  • 16:30-18:00 Ribadeo (café, visita …)
  • 18:00-18:00 Saída do autobús cara a Ferrol

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e as súas familias).

Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega supón por parte dos participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa paisaxe respectando o medio ambiente e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da eoi son as bases das andainas. Os participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio, que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na EOItv, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o mércores 30 de abril ata o mércores día 7 de maio cubrindo o formulario que hai de seguido. Recibirase correo de confirmación con indicacións de prezo final e cando e como efecturar o pagamento.

PRAZO REMATADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: