Deixar un comentario

I Andaina 2014-2015: A Presa do Rei – Muíño de Pedroso

A Presa do Rei

DATA: Sábado, 25 de Outubro.

SAÍDA: Ás 11:30 h dende o Paseo de Xubia (Aparcadoiro que hai debaixo do IES Fernando Esquío, ao lado do parque infantil).

REGRESO: Ás 16:30 h dende a Área Recreativa de Pedroso.

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado. Será unha andaina duns 12 km (ida e volta).

PROGRAMA: Sairemos de Xubia ás 11:30 h e faremos o percorrido pola beira do Río Grande ata chegar á Área Recreativa de Pedroso onde comeremos e poderemos visitar un muíño. A hora prevista de chegada á área recreativa é as 13:30 h. Xantaremos e poderemos visitar a zona.

O percorrido transcorre por un dos lugares naturais máis pintorescos de Narón, as fragas da ribeira do Río Grande de Xubia, que combinan un ecosistema único con fervenzas creadas no seu discorrer cara á Ría de Xubia. Pararemos a gozar da paisaxe da Presa do Rei que foi construída en tempos de Afonso XIII para fornecer de enerxía á Real Fábrica de Moeda de Xubia.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

Quen pode participar? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e as súas familias).

Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega supón por parte dos/as participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio, que se publicarán en taboleiros da eoi, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na EOItv, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o luns 13 de outubro ata o mércores 22 de outubro completando o formulario que hai de seguido. Recibirase correo de confirmación.

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: