Deixar un comentario

II Andaina 2014-2015: Vilamor-Froxán (O Courel)

Vilar (O Courel)

DATA: domingo, 07 de decembro.

SAÍDA: ás 08:00 h dende o Edificio de Correos (Praza de Galicia).

REGRESO: ás 16:00 h dende Froxán.

PREZO: 9,00 € aproximadamente para custear o autobús. No correo de confirmación da inscrición indicaremos o prezo definitivo, lugar e data límite para pagalo.

NIVEL DE DIFICULTADE: doado. Será unha andaina duns 6,5 km.

PROGRAMA: sairemos de Ferrol ás 08:00 h e temos previsto chegar a Vilamor arredor das 11:00 h. Visitaremos esta nomeada aldea do Courel e logo seguiremos a pé cara ao núcleo de Vilar. O percorrido permitiranos gozar das ribeiras do río Lor e fermosos soutos cunha importante presenza de castiñeiros. En Vilar poderemos visitar o Museo Etnográfico de “Xan de Vilar”, un emblemático personaxe da zona, os seus castiñeiros, o campo da festa … Continuaremos cara ao Castro de Vilar, de camiño atoparemos os cruceiros que amosan o percorrido ata a Ermida de San Roque. Deixaremos o castro e continuaremos ata Froxán, a onde chegaremos arredor das 13:00 h. Aquí comeremos. Ese domingo, día 7 de Decembro, celébrase a XVI Festa da Pisa da Casaña polo que poderemos optar por degustar o prato típico do día que se ofrece no lugar ou levar a nosa propia comida. Ao longo do día os integrantes da Asociación Fonte do Milagro fan demostracións das tradicionais tarefas que rodean ao proceso da pisa da castaña. Ademais disto poderemos visitar a restaurada e fermosa vila. Ás 16:00 h o autobús sairá de Froxán cara a Ferrol.

IMPRESCINDIBLE: cada participante levará calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

Quen pode participar? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e as súas familias).

Para participar na andaina: participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega supón por parte dos/as participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán terán un carácter didáctico ou recordatorio, que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro, no blog das andainas, en medios de comunicación, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante identificativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: dende o venres 21 de novembro ata o domingo 30 de novembro completando o formulario que hai de seguido. Lembrade, recibirase un correo de confirmación da participación xunto coa indicación do prezo definitivo, o lugar e data límite para pagalo.

PRAZO DE INSCRICIÓN REMATADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: