Deixar un comentario

III Andaina 2014-2015: Ruta circular por Mugardos e Ares

Miradoiro de Montefaro

DATA: domingo, 08 de marzo.

SAÍDA: ás 10:00 h dende o peirao de Mugardos (ver punto de saída). O desprazamento ata Mugardos vai por conta dos participantes.

REGRESO: ás 16:30 h dende Mugardos.

NIVEL DE DIFICULTADE: medio. Será unha ruta circular duns 15 Km aproximadamente con algún tramo de pendente ascendente. Premendo no enlace que facilitamos de seguido poderedes ver o plano da ruta: (ver mapa da ruta).

PROGRAMA: comezamos a ruta en Mugardos e dirixímonos cara ao Castelo da Palma, fortaleza do século XVI que xunto ao Castelo de San Felipe, ao outro lado da ría, pechaba o paso cunha cadea de castelo a castelo. Seguimos camiñando ata a Punta do Segaño onde hai unhas baterías militares e iniciamos a subida ata o Mosteiro de Santa Catalina bordeando Chanteiro (alí comeremos para recuperar forzas) Logo da comida seguiremos a gozar de fermosas vistas no Miradoiro da Bailadora, dende alí poderemos divisar a ría e comezar de novo o camiño cara a Mugardos.

IMPRESCINDIBLE: cada participante debe levar a súa comida e bebida nunha mochila. Tamén deberá levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se plublicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: as datas de inscrición van dende o sábado 28 de febreiro ata o venres 6 de marzo (pola mañá) completando o formulario que hai de seguido.

PRAZO REMATADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: