Deixar un comentario

II Andaina 2015-2016: O mellor banco do mundo (Loiba)

«The best bank of the world» de Onioram - Trabajo propio. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 4.0 vía Wikimedia Commons - https://commons.wikimedia.org/wiki/File:The_best_bank_of_the_world.jpg#/media/File:The_best_bank_of_the_world.jpg

DATA: sábado, 30 de xaneiro.

SAÍDA: os desprazamentos serán en tren. A saída dende a estación de Ferrol é ás 08:20. Quedamos ás 08:05 na mesma estación para facer reconto. Non fai falla lembrar que a puntualidade é necesaria, os horarios do tren non os controla o EDL. A viaxe ata o apeadoiro de Loiba ten unha duración duns 80 minutos aproximadamente.

REGRESO: ás 16:30 sae o tren do apeadoiro do Vicedo. Chegaremos a Ferrol arredor das 18:00 horas.

PREZO: 7€ para custear as viaxes de ida e volta no tren de proximidade de FEVE.

NIVEL DE DIFICULTADE: baixo. É unha ruta lineal duns 15 Km pola costa de Loiba, O Barqueiro e O Vicedo.

PROGRAMA: Chegaremos a Loiba sobre as 10:40. Dende o apeadoiro do tren desprazarémonos ata o miradoiro de Pena Furada dende onde xa poderemos ollar á esquerda e dereita respectivamente o Cabo Ortegal e A Estaca de Bares. Dende esta posición tamén temos xa ao alcance dos nosos ollos o popular “mellor banco do mundo” e o espectacular tramo costeiro onde se sitúa. Sentaremos no banco e sacaremos fotos. Continuaremos pola senda da costa ata chegar ata a fermosa praia de Esteiro onde faremos a parada para comer. Tralo xantar dirixiremos os nosos pasos ata a vila mariñeira do Barqueiro onde temos previsto parar a tomar un “refrixerio” nalgún dos establecementos do peirao. Dende O Barqueiro tomaremos a bonita senda que une esta vila coa do Vicedo atravesando unha coñecida ponte de principios do século XX sobre a desembocadura do río Sor. Ás 16:30 sae o tren dende o apeadoiro do Vicedo e chegaremos a Ferrol arredor das 18:00 horas.

IMPRESCINDIBLE: cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. A previsión meteorolóxica a día de hoxe indica nubes e claros para ese día. É recomendable levar na mochila un chuvasqueiro ou indumentaria illante. Non só polas posibilidades de precipitacións senón que tamén o vento é bastante habitual na zona. Estade atentos aos partes meteorolóxicos.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: as datas de inscrición van dende  a publicación deste artigo, hoxe, martes 19 de xaneiro ata as 15:00 do próximo luns 25 de xaneiro completando o formulario que hai de seguido e pagando o importe na conserxería da escola. Ás 15:00 debe estar o formulario remitido e o importe pagado (non o deixedes para o último momento, temos que confirmar a FEVE o número de participantes dentro dun prazo xa sinalado). Recibirase correo de confirmación unha vez verificado o pago na conserxería da escola. A xente que recibiu un primeiro correo do EDL sondeando interese na andaina ten que remitir igualmente este formulario.

De non poder confirmar no prazo contactar con algún dos membros do EDL para recibir información de alternativas.

PRAZO PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: