Deixar un comentario

¡AVISO URXENTE SOBRE A ANDAINA DO SÁBADO 30 DE XANEIRO!

¡AVISO URXENTE!

Esta mensaxe vai dirixida a todas as persoas inscritas para a andaina do próximo sábado día 30 de xaneiro.

Con moito pesar por parte de todos os membros do EDL temos que anunciar un cambio significativo no programa previsto:

A andaina segue en pé pero por mor de imprevistos de última hora o transporte non será en tren senón en autobús. A empresa Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE) non nos garante o transporte do total dos inscritos. Despois de barallar varias alternativas e para que ningúen quedase fóra optamos por contratar autobuses. Non variamos o prezo, seguen sendo 7€. Varían o punto e a hora de saída. Sairemos dende a Praza de Galicia (diante do edificio de Correos) ás 09:00 do sábado. O regreso permanece igual, ás 16:30 dende O Vicedo.

Sabemos do atractivo da viaxe en tren e comprendemos que alguén poida perder interese na andaina. Aquelas persoas que queiran darse de baixa poden comunicalo a través do formulario que hai de seguido ou ben dando resposta ao correo electrónico que tamén remitimos por se alguén non ten acceso ao blog. Só deben comunicarse as baixas, se non recibimos comunicación da baixa xa entendemos que o inscrito desexa continuar coa andaina. Devolveremos o importe pagado.

Dende o EDL queremos expresar as nosas desculpas por este contratempo.

O EDL da EOI Ferrol

PREGAMOS POR FAVOR A MAIOR CELERIDADE NA RESPOSTA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: