Deixar un comentario

III Andaina 2015-2016: As Fragas do Eume (Pontedeume)

Mosteiro de Caaveiro

DATA: domingo, 13 de marzo.

SAÍDA: ás 12:00 dende o aparcadoiro sinalado no plano da ruta. Picando nas seguintes ligazóns poderedes ver a ruta en Google Earth e unha imaxe do aparcadoiro:

Plano ruta As Fragas do Eume EDL EOI Ferrol

Imaxe do aparcadoiro (punto de saída)

O desprazamento ata o punto de saída é por conta dos participantes.

REGRESO: ás 16:00 iniciaremos o camiño de volta. A previsión é chegar ao aparcadoiro de saída ás 17:45 aproximadamente.

NIVEL DE DIFICULTADE: fácil. Será unha ruta circular de apenas 15 Km con algún tramo de pendente ascendente leve.

PROGRAMA: saímos dende o aparcadoiro pola estrada que se adentra no parque natural. Poderemos disfrutar das fantásticas vistas da flora autóctona, do río e as súas pontes. Chegaremos ao Mosteiro de Caaveiro en torno ás 13:45. Nesta paraxe xantaremos e visitaremos tanto o mosteiro coma o seu entorno. Hai cafetería para degustar un café despois do xantar. Ás 16:00 voltaremos cara ao punto de partida. Ás 17:45 aproximadamente estaremos de novo no punto de saída.

IMPRESCINDIBLE: cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e membros das distintas asociacións que teñen relación coa escola) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se plublicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: as datas de inscrición van dende hoxe luns 07 de marzo ata o venres 11 de marzo completando o formulario que hai de seguido.

PRAZO PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: