Deixar un comentario

IV Andaina 2015-2016: Montealegre, Chaves e Couto Misto (Portugal)

DATAS: 13, 14 e 15 de maio.

PROGRAMA:

Saída o venres 13 de maio ás 18h dende Ferrol, chegada a Chaves sobre as 21h (ollo, alí serían as 20h). Acomodo no hotel (Hotel Aquae Flaviae http://es.premiumchaves.com/) e traslado a Montalegre, alí ceamos e gozamos da festa ata as 23.30h . É a noite das bruxas e haberá concertos, moitas bruxas e xolda asegurada.

Sábado 14, almorzo ás 9:30 e traslado para facer a Andaina pola Raia (entre 10 e 13h) comida en Chaves. Logo pola tarde haberá dúas actividades opcionais: para aqueles aos que lles guste a aventura poden pasar a tarde no Parque Pena Aventura (33 euros) ou senón visitar a vila de Vidago, que destaca polas súas augas medicinais, pero tamén pola súa beleza.

Domingo 15, almorzo e saída de Chaves cara a Ferrol pasando por Cambedo e Mandín. Chegada aproximada ás 20h.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado, persoal non docente e membros das distintas asociacións que teñen relación coa escola) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se plublicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

PREZO: o prezo inclúe o autobús, hotel e almorzo. Este variará en función do número de xente que vaia. Se van entre 20 e 26 persoas o prezo é de 136 euros, pero se van entre 41 e 47 será de 96 euros. Nun principio haberá que pagar 136 que logo devolveremos se hai cambio de prezo (lembrade que xa o ano pasado fixeramos así, puxemos unha cantidade de cartos que logo en Peniche devolvemos pois o prezo mellorou ao ir máis xente).

Os recibos para facer efectivo o pagamento estarán dispoñibles na conserxería da escola 3 días despois de facer a inscrición a través do formulario dispoñible neste artigo.

INSCRICIÓN:

Alunado da escola, do 11 ao 29 de abril.

Acompañantes, do 18 ao 29 de abril.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: