Deixar un comentario

I Andaina 2016-2017: Santo André de Teixido (Cedeira)

Santo André de Teixido (Cedeira)

Santo André de Teixido (Cedeira)

DATA: Sábado, 22 de outubro.

SAÍDA: Os desprazamentos serán en autobús. A saída será dende a Praza de Galicia (Correos) ás 09:30.

REGRESO: A hora prevista de chegada a Ferrol é ás 17:30.

PREZO: 6€ para custear as viaxes de ida e volta en autobús.

NIVEL DE DIFICULTADE: Medio-baixo. É unha ruta lineal duns 15 Km dende O Porto do Cabo ata o santuario de Santo André de Teixido (Cedeira) atravesando a Serra da Capelada.

PROGRAMA: A saída é dende preto da ponte medieval de O Porto do Cabo, a uns 50 metros. Atravesaremos pola Serra da Capelada parándonos a gozar da paisaxe dende os miradoiros de Penedo Edroso, Os Carrís e Chao do Monte, pasaremos a carón da ermida de San Roque de Reboredo e xa por último comeremos na vila de Santo André de Teixido. Cada participante levará a súa comida. O autobús partirá de regreso dende Santo André de Teixido ás 16:30.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. A previsión meteorolóxica a día de hoxe indica bo tempo. Estade atentos aos partes meteorolóxicos. Se houbese cambios é moi recomendable levar na mochila un chuvasqueiro e roupa illante pois ao longo da ruta non hai moitos puntos onde resguardarse.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: As datas de inscrición van dende  a publicación deste artigo, hoxe, sábado 15 de outubro ata as 15:00 do próximo xoves 20 de outubro completando o formulario que hai de seguido e pagando o importe na conserxería da escola (dende a inscrición no blog deixade a marxe dun día para que os recibos cheguen a conserxería). Recibirase correo de confirmación unha vez verificado o pago na conserxería da escola.

Pregámosvos non o deixedes para o último día, temos que confirmar o número de participantes dentro dun prazo sinalado. A xente que recibiu un primeiro correo do EDL sondeando interese na andaina ten que remitir igualmente este formulario.

De non poder confirmar no prazo contactar con algún dos membros do EDL para recibir información de alternativas.

PRAZO PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: