O vindeiro xoves 10 de novembro ás 18:00 celebraremos a tradicional festa do Magosto na cafetería da EOI Ferrol.
– Poderemos gozar da degustación de castañas, boliños preñados e queixo con marmelo.
– De seguido teremos unha sesión de lectura de contos de medo a cargo de Antón Cortizas.
A venda de entradas (2€) comezará mañá venres 28 de outubro na cafetería da EOI Ferrol. Animádevos!