Deixar un comentario

II Andaina 2016-2017: Mosteiro de Carboeiro e fervenza do río Toxa (Silleda)

Río Toxa

DATA: Sábado, 28 de xaneiro.

SAÍDA: Os desprazamentos serán en autobús. A saída dende a Praza de Galicia (Correos) ás 10:00.

REGRESO: A hora prevista de chegada a Ferrol é ás 19:00.

PREZO: 8€ para custear as viaxes de ida e volta en autobús e o acceso ao mosteiro de Carboeiro.

NIVEL DE DIFICULTADE: Medio. É unha ruta circular duns 11 Km con algúns tramos de ascenso.

PROGRAMA: A andaina comezará aproximadamente ás 12:00 tras visitar o mosteiro de Carboeiro cara a área recreativa de A Carixa (Vila de Cruces) onde xantaremos. De seguido, sobre as 14:30, ascenderemos ata a fervenza máis alta de Galiza en caída libre, a do río Toxa e aos miradoiros que se atopan sobre ela. Despois de gozar das vistas regresaremos de novo ata Vila de Cruces onde nos agarda o autobús que partirá cara a Ferrol ás 17:30.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Estade atentos aos partes meteorolóxicos.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: As datas de inscrición van dende  a publicación deste artigo, o luns 16 de xaneiro, ata as 15:00 do domingo 22 de xaneiro completando o formulario que hai de seguido. O pagamento do importe será na conserxería da escola os días 23, 24 e 25 de xaneiro. Recibirase correo de confirmación unha vez verificado o pago.

A xente que recibiu un primeiro correo do EDL sondeando interese na andaina ten que remitir igualmente este formulario.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Prazo rematado

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: