Deixar un comentario

IV Andaina 2016-2017: A Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

DATA: Sábado 20 e domingo 21 de maio.

SAÍDA: Os desprazamentos serán en autobús. A saída será dende a Praza de Galicia (Correos) ás 08:30.

REGRESO: A hora prevista de chegada a Ferrol é arredor das 21:00.

PREZO: 65€ para custear os desprazamentos no autobús, aloxamento no Hotel Princess (Ourense) e o pack picnic facilitado polo hotel.

NIVEL DE DIFICULTADE: Medio. Percorreremos un tramo da ruta PRG98 duns 6,5Km dende Parada de Sil ata o Mosteiro de Santa Cristina. Aínda que a distancia parece escasa ten zonas de ritmo lento e un tramo final de pendente ascendente. Gozaremos no percorrido de castiñeirose e espectaculares miradoiros sobre o río Sil.

PROGRAMA: Quedaremos a durmir en Ourense a noite do sábado 20 e faremos a andaina o domingo 21.

Sábado 20

Saída de Ferrol ás 08:30 dende a Praza de Galicia (frente a correos).

Visita ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (1 hora aproximadamente).

Tarde de visita a Allariz, onde xantaremos e poderemos visitar o seu casco e os seus museos.

Noite en Ourense.

Domingo 21

Saída ás 10:00 dende Ourense ata Parada de Sil, onde comeza a ruta.

O bus recóllenos no Mosteiro de Santa Cristina para levarnos cara a Castro Caldelas onde poderemos visitar o seu castelo e degustar os seus productos típicos (a bica e os licores).

Saída cara a Ferrol ás 18:00 aproximadamente.

IMPRESCINDIBLE: Cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Estade atentos aos partes meteorolóxicos.

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: As datas de inscrición van dende o luns, 06 de marzo ata agotar prazas. A dificultade das estradas da zona implica desprazarse nun microbús, iso supón un máximo de 35 prazas. O pagamento farase efectivo no Departamento de Galego da EOI (preguntar por Luísa) mediante a seguinte fórmula:

  • Un sinal de 20€ ao formalizar a inscrición (non reembolsable)
  • O resto ata o 12 de maio

MOI IMPORTANTE

Faremos unha reunión o vindeiro xoves 09 de marzo ás 19:15 no salón de actos da EOI para informar con máis detalle e dar resposta ás vosas preguntas. É moi importante que os interesados acudan pois temos un prazo determinado pola axencia de viaxes para confirmar a andaina.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PRAZO PECHADO

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: