Deixar un comentario

I ANDAINA DO CURSO 2017-2018: CABANAS-REDES-ARES

Data: sábado, 18 de novembro

Saída: ás 11:30h da Praza de Galicia  de Ferrol (Correos)

Regreso: ás 17:30h de Ares para Ferrol

Programa: saímos dende a praia da Magadalena (Cabanas) ata a fermosa vila de Redes, aquí faremos unha parada para comer (cadaquén levará a súa comida) e logo continuaremos ata Ares. Desfrutaremos dunhas marabillosas vistas destas tres vilas e dunha bonita paisaxe durante o noso percorrido.

Dificultade: baixa-media, 12 km aproximadamente

Imprescindible: levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e os seus acompañantes ou ex-alumnado que sexa membro dalgunha asociación de ex-alumnos. Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: completar o formulario de inscrición no blog das andainas (https://andainasdoedl.wordpress.com). O prazo de inscrición será dende o luns 6 de novembro ata o venres 10  (prazas limitadas).

Prezo: 4 euros (pagaranse 2€ en conserxería no momento da inscrición, estes perderanse se finalmente non se acode á andaina; os outros 2€ teñen que ser aboados antes do xoves 16 en conserxería ou á coordinadora do EDL, Yolanda).

PRAZO PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: