Deixar un comentario

2ª ANDAINA CURSO 2017-2018: FERROL-CASTELO DE SAN FELIPE (en lancha) e andaina ata CARIÑO

AVISO: Debido a que as previsións metereolóxicas para o domingo 21 non son boas, aprázase a andaina para o domingo 28 de xaneiro. O prazo para anotarse segue aberto ata o xoves 25. As persoas que por motivos deste cambio se teñan que dar de baixa, contacten no seguinte correo co EDL: normalizacion@eoiferrol.org

Data: domingo, 28 de xaneiro

Saída: ás 10:45h do porto de Ferrol onde colleremos a lancha

Regreso: ás 17:30h desde o castelo para Ferrol en lancha

Programa: saímos dende o porto de Ferrol en lancha ata o Castelo de San Felipe, ás 11:30h visita guiada ao castelo de 1h de duración, ás 13:00h saída cara a Cariño, comerase na praia de Cariño e ás 17:30h regresarase a Ferrol desde o castelo.

Observacións: se está mal tempo, non hai onde resgardarse durante a andaina, polo que se avisará uns días antes e aprazarase a actividade para o domingo seguinte.

Dificultade: baixa, 8 km (ida e volta)

Imprescindible: levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día e levar comida e bebidas.

Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e os seus acompañantes. Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: completar o formulario de inscrición no blog das andainas (https://andainasdoedl.wordpress.com). O prazo de inscrición será dende o xoves 11 de xaneiro ata o xoves 25  (prazas limitadas).

Prezo: 8 euros (inclúe lancha e visita guiada ao castelo, pagaranse en conserxería no momento da inscrición, ás persoas que non acudan finalmente devolveráselles a metade contactando co Departamento de galego).

 

PRAZO DE INSCRICIÓNS FINALIZADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: