Deixar un comentario

3ª ANDAINA 2017/2018: FUCIÑO DO PORCO

AVISO: DEBIDO Á CHEGADA DA CILOXÉNESE HUGO, APRÁZASE A ANDAINA PARA O 14 DE ABRIL. DEVOLVERÁSELLE O DIÑEIRO ÁS PERSOAS INSCRITAS QUE NON POIDAN IR ESE DÍA (DEBEN AVISAR PRIMEIRO POR CORREO: normalizacion@eoiferrol.org). NON SE ADMITEN NOVAS INSCRICIÓNS, XA QUE HAI BASTANTES PERSOAS EN LISTA DE ESPERA. O EDL PIDE PERDÓN POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Data: sábado, 14 de abril
Saída: ás 9:30h diante de Correos (Praza de Galicia)
Regreso: ás 19:00-19:30h no mesmo lugar de saída
Dificultade: media, 12 km
Programa: sairemos da Praia de Abrela, preto de Viveiro, e iniciaremos unha pequena ascensión que nos levará ao famoso Fuciño do Porco, coas súas pintorescas pasarelas e as impresionantes vistas da costa de Viveiro, que poderemos contemplar dende o faro. Despois continuaremos ata chegar á praia de San Román, co seu fermoso mirador da Cruz de San Román e o xacemento arqueolóxico do Castro dos Moutillós. Alí teremos dúas horas de descanso para xantar e desfrutar da paisaxe. Continuaremos por pistas forestais en bo estado e algunha incursión no asfalto ata chegar ao mirador de Toxoso, onde teremos unhas fermosas vistas do Cantábrico.
IMPRESCINDIBLE: levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día e levar comida e bebidas.
Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e os seus acompañantes. Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.
INSCRICIÓN: completar o formulario de inscrición no blog das andainas (atópase ao final deste artigo). O prazo de inscrición será dende o venres 2 ata o mécores 14 de marzo (prazas limitadas, recibirase confirmación da inscrición mediante correo electrónico nese día ou nos seguintes, de non ser así é que a inscrición non está ben feita).
Prezo: 7 euros (avisarase por correo electrónico se hai grupo feito e pagaranse en conserxería unha vez rematado o prazo de inscrición e ata o día 21 de marzo).

 

PRAZO DE INSCRICIÓNS FINALIZADO

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: