Deixar un comentario

4ª ANDAINA 2017/2018: O CEBREIRO-SAMOS

Data: 19 e 20 de maio (sábado e domingo)

Saída: ás 8:00h do sábado diante de Correos (Praza de Galicia)

Regreso: ás 18:45h (aproximadamente) no mesmo lugar de saída

Dificultade: hai tramos de pendente e de baixada con dificultade (faranse 20 km o sábado e 9 km o domingo)

Programa:

19/05-Saída de Ferrol cara ao Cebreiro, aquí  comezarase a andaina, pararase a comer (cada un levará a súa comida) e chegarase a Triacastela onde haberá aloxamento e cea en diferentes albergues.

20/05. Almorzo no albergue  e saída andando cara a Samos, chegada e comida nun restaurante de Samos, visita ao Mosteiro de Samos ás 15.30h e regreso cara a Ferrol (chegada a Ferrol sobre as 18:45 h).

IMPRESCINDIBLE: levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía e levar comida e bebidas para o primeiro día (a cea do sábado e o almorzo e o xantar do domingo están incluídos no prezo) .

Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e os seus acompañantes. Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: completar o formulario de inscrición que figura máis abaixo. O prazo de inscrición será dende o 23 de abril ata o 7 de maio (prazas limitadas, recibirase confirmación da inscrición mediante correo electrónico).

Prezo: Oscilará entre 63-73€ dependendo do número de persoas inscritas, o mínimo de persoas que se deben xuntar son 35 persoas e o máximo 50 persoas (avisarase por correo electrónico se hai grupo feito e do prezo final, pagaranse en conserxería unha vez rematado o prazo de inscrición).

 

PRAZO DE INSCRICIÓN FINALIZADO

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: