Deixar un comentario

I Andaina 2018-2019: Monte da Vela e Faro da Frouxeira (Meirás)

Pico da Vela

DATA: domingo, 28 de outubro. APRAZADA ATA O 11 DE NOVEMBRO.

SAÍDA: ás 10:30 do aparcadoiro en fronte do bar Muramar (Meirás). Na Praia do Río. O desprazamento vai por conta dos participantes.

REGRESO: ás 16:30 temos previsto chegar de novo ao punto de partida.

NIVEL DE DIFICULTADE: medio. Será unha ruta circular duns 15 Km aproximadamente con algún tramo de pendente ascendente.

PROGRAMA: saímos dende o aparcadoiro para comezar a subida ata o monte da Vela, dende onde gozaremos das impresionantes vistas da costa. Logo faremos unha parada para comer nun merendoiro (cada quen levará a súa comidas ). Continuaremos a andaina visitando a capela da Virxe do Porto e o Faro da Frouxeira. Remataremos no punto de partida.

IMPRESCINDIBLE: cada participante debe levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e as súas familias. A participación nesta actividade organizada polo EDL supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina e gozar da nosa natureza son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se plublicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro neste blog, nalgún medio de comunicación, na páxina web da EOI, etc . Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polos seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: as datas de inscrición van dende o xoves 18 ata o venres 26 de outubro completando o formulario que hai de seguido.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: