Deixar un comentario

II Andaina 2018-2019: Muxía, a barca de pedra

Muxía

DATA: domingo, 27 de xaneiro

SAÍDA: ás 08:00h da Praza de Galicia de Ferrol (enfronte de correos)

REGRESO: ás 19:30 aproximadamente

PROGRAMA: saímos ás 08:00h de Ferrol para comezar a camiñar sobre as 10:00h. Trátase dunha andaina circular que parte de preto do Santuario da Virxe da Barca, transcorre ao pé dos cantís ata a praia de Lourido e o monte Facho e lévanos ata o Mosteiro de San Xulián no que faremos unha parada para comer nun merendoiro (cada quen levará a súa comida ). Logo do xantar, seguimos a ruta ata o punto de partida.

DIFICULTADE: media, 15 km ida e volta

IMPRESCINDIBLE: levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

Quen pode participar na andaina? toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición será dende o luns 14 ata o sábado 20. O pagamento farase do 21 ao 24 no departamento de galego. Recibirase correo de confirmación unha vez verificado o pago.

PREZO: 9 €

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: