Deixar un comentario

Andainas 2019/2020. O Camiño Inglés: de Ferrol a Neda (1ª etapa)

DATA: domingo, 27 de outubro de 2019.

SAÍDA: ás 10:00h do porto de Ferrol, no peirao de Curuxeiras. As credenciais deben retirarse antes na Oficina de Turismo e de Atención ao Peregrino (opcional).

CHEGADA: ás 14:00h, aproximadamente.

XANTAR: nos arredores do albergue de Neda (cadaquén levará a súa comida).

REGRESO: cada persoa pola súa conta. Consulta os horarios dos buses urbanos desde Neda.

PROGRAMA: saímos ás 10:00h de Ferrol cara a Neda. Quen quixer dispor da credencial, deberá recollela na Oficina de Turismo e de Atención ao Peregrino (Paseo da Mariña, s/n), que estará aberta desde as 9:00h. O prezo é de 2€. O Camiño iníciase no peirao de Curuxeiras, onde se situaba o antigo porto medieval, cuxa orixe se remonta ao século XI. Esta primeira etapa até Neda é curta, de apenas 14 quilómetros, e discorre case sempre paralela á ría, seguindo o traxecto Ferrol – Xuvia – Neda. Deseguido, xantaremos nos arredores do albergue de Neda (cadaquén levará a súa comida).

As Andainas comezan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega en colaboración co proxecto Erasmus+ PHIL e a asociación de exalumnos Goethe.

Dificultade: baixa.

Duración estimada: 4 horas.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, coorganizada polo EDL, supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

INSCRICIÓN: o prazo de inscrición será do xoves 16 até o xoves 24 de outubro.

PREZO: de balde, 0€.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: