Pontedeume desde Cabanas. Fonte: pt.wikipedia.org
DATA: domingo, 24 de novembro de 2019.
SAÍDA: ás 10:00h do albergue de Neda. Para quen quixer ir en bus urbano desde Ferrol, ás 9:00h diante do Café Avenida.
CHEGADA: ás 16:30h, aproximadamente.
XANTAR: faremos unha parada durante o camiño (cadaquén levará a súa comida).
REGRESO: cada persoa pola súa conta. Consulta os horarios dos buses e do tren desde Pontedeume.
PROGRAMA: saímos ás 10:00h de Neda cara a Pontedeume. Esta 2ª etapa dá comezo no albergue de Neda e deseguido atravesaremos os concellos de Fene e Cabanas até chegar a Pontedeume. Durante o percorrido faremos unha parada para xantar.
As Andainas comezan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega en colaboración co proxecto Erasmus+ PHIL e a asociación de exalumnos Goethe.
Dificultade: media.
Duración estimada: 4 horas.
QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, coorganizada polo EDL, supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.
INSCRICIÓN: o prazo de inscrición será do día 14 até o mércores 20 de novembro.
PREZO: a EOI non vai contratar transporte específico. Informaremos sobre as tarifas dos servizos de tren e de autobús.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN