Vista de Betanzos. Fonte: gl.wikipedia.org. Autora: Eva María Ruíz Ayuso
DATA: sábado, 1 de febreiro de 2020.
SAÍDA: para irmos en tren desde Ferrol, encontro ás 8:30h na estación. Sairemos ás 9:30h do albergue de Pontedeume.
REGRESO: no tren con saída ás 17:55h de Betanzos ou cada persoa pola súa conta.
PROGRAMA: nesta 3ª etapa sairemos ás 09:30h de Pontedeume cara a Miño (9,2 km) e a seguir continuaremos de Miño a Betanzos (10,7 km). Durante o percorrido faremos unha parada para xantar.
As Andainas comezan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega en colaboración co proxecto Erasmus+ PHIL e a asociación de exalumnos Goethe.
Dificultade: media, con tramos con certa dificultade.
Duración estimada: 5 horas.
QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, coorganizada polo EDL, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.
INSCRICIÓN: até o mércores 22 de xaneiro.
PREZO: 5€, aproximadamente. O pagamento realizarase no Departamento de Galego o xoves 23 ou venres 24 de 12:30 a 13:00h. Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
FORMULARIO DE INSCRICIÓN