Deixar un comentario

Andainas 2019 / 2020. O Camiño Inglés: de Betanzos a Bruma (4ª etapa)

Vista de Bruma (Mesía). Fonte: gl.wikipedia.org. Autor: Miguel Branco

DATA: sábado, 14 de marzo de 2020.

SAÍDA: encontrarémos ás 8:45h diante de Correos para irmos en autocar de Ferrol a Betanzos (palco da música).

REGRESO: sobre as 19:30h en autocar desde o antigo hospital de Bruma (Mesía) até Ferrol.

PROGRAMA: nesta 4ª etapa sairemos sobre as 10:00h de Betanzos cara a Leiro (13,5 km) e a seguir continuaremos de Leiro cara ao antigo hospital de Bruma, no concello de Mesía (10,6 km). Durante o percorrido faremos unha parada para xantar (cada persoa levará a súa comida).

As Andainas comezan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da lingua galega en colaboración co proxecto Erasmus+ PHIL e a asociación de exalumnos Goethe.

Dificultade: alta.

Duración estimada: 7 horas.

QUEN PODE PARTICIPAR? toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, coorganizada polo EDL, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.

INSCRICIÓN: do mércores 4 até o martes 10 de marzo.

PREZO: máximo 7€, dependerá do número de persoas inscritas. O pagamento realizarase no Departamento de Galego o mércores 11 (de 17:00 a 18:00h) ou xoves 12 de marzo (de 10:00 a 11:00h). Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: