Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago de Compostela-2.jpg
Esta imaxe está baixo licenza Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0 Unported.
DATA:
- Roteiro de tarde: luns, 25 de outubro de 2021, ás 18.30
- Roteiro de mañá: venres, 29 de outubro de 2021, ás 11.00 (ADIADO ATA O VENRES, 26 DE NOVEMBRO, ÁS 11.30)
A saída será desde a praza de Ferrol Vello. Cómpre estar con 10 minutos de antelación respecto á hora de saída. A realización desta actividade está suxeita ás condicións metereolóxicas; se estas son moi desfavorables, teremos que adiala.
PROGRAMA:
Coa vontade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre o alumnado da EOI de Ferrol, propomos un roteiro guiado de 90´ de duración polas rúas da cidade, entre Ferrol Vello e Esteiro. Nun paseo lineal con paradas na zona da Rúa San Francisco, Amboaxe, Rúa Real, o Cantón e Esteiro, visitaremos os espazos relacionados con Carvalho Calero e faremos lecturas dalgúns dos seus textos. Esta actividade organizarase en dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, cun máximo de 25 – 30 persoas en cada unha delas.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante o roteiro. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.
INSCRICIÓN: até o 21 de outubro de 2021 para o roteiro da tarde, e até o 27 de outubro (24 DE NOVEMBRO) para o roteiro da mañá.
PREZO: gratuíto
Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: