Vista da Igrexa de Santa Eulalia de Leiro (Abegondo)
DATA: sábado, 29 de xaneiro de 2022
SAÍDA: encontrarémos ás 8:45h diante da Oficina de Correos de Ferrol para irmos en autocar até Betanzos (palco da música).
REGRESO: sairemos en autocar sobre as 16:30h do encoro de Beche (Abegondo) e chegaremos sobre as 17:30 a Ferrol (de novo, diante da Oficina de Correos).
PROGRAMA:
As Andainas continúan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, proxecto iniciado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no curso 2019-2020, e do que se puideron completar as tres primeiras etapas (Ferrol-Fene, Fene-Pontedeume, Pontedeume-Betanzos).
Dada a dificultade media-alta desta 4ª etapa, nesta primeira parte faremos 18 kilómetros dos 24 que separan Betanzos do Hospital de Bruma, e deixaremos os kilómetros restantes para a vindeira andaina (previsiblemente, en marzo).
Durante o percorrido faremos unha parada para xantar. Cada persoa levará a súa comida e bebida.
Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Se esta é moi desfavorable, con vento e chuvia fortes, a andaina será adiada até outra data máis propicia.
Dificultade: MEDIA-ALTA. É recomendable estar afeito/a a camiñar.
Duración estimada: 5 horas
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.
INSCRICIÓN: do xoves 13 de xaneiro até o xoves 20 de xaneiro.
PREZO: máximo 10€, dependerá do número de persoas inscritas.
Para inscribirse, cómpre facer un depósito de 3€ non reembolsables que se descontarán do prezo final da andaina. O abonamento do depósito farase no Departamento de Inglés o mércores 19, de 18:00 a 20:00, e o xoves 20, de 13:00 a 14:00.
O pagamento da cota restante realizarase no Departamento de Inglés o luns 24 de xaneiro, de 18:00 a 20:00h, ou o martes 25, de 13:00 a 14:00h.
Agradecemos que se achegue a contía xusta en ambos pagamentos. O EDLG enviará un correo informativo ás persoas inscritas sobre a contía exacta a abonar no segundo pagamento.
Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
FORMULARIO DE INSCRICIÓN