Albergue de peregrinos San Lourenzo Bruma, en Hospital de Bruma, Mesía (A Coruña)
Autor: Miguel Branco, Fonte: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Hospital_de_Bruma_10.jpg
DATA: sábado, 12 de marzo de 2022 ADIADA ATA O DOMINGO, 20 DE MARZO (MESMA HORA E MESMA ORGANIZACIÓN)
SAÍDA: encontrarémos ás 8:45h diante da Oficina de Correos de Ferrol para irmos en autocar até o encoro de Beche (Abegondo).
O servizo de autocar fará dúas paradas máis, tanto á ida como á volta, en Fene (avenida Naturais, diante do Gadis) e en Cabanas (no Areal, diante da churrería Las Vegas).
REGRESO: sairemos en autocar sobre as 16:30h de Poulo (Ordes) e chegaremos sobre as 17:30 a Ferrol (de novo, diante da Oficina de Correos).
PROGRAMA:
As Andainas continúan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, proxecto iniciado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no curso 2019-2020, e do que puidemos completar as tres primeiras etapas (Ferrol-Fene, Fene-Pontedeume, Pontedeume-Betanzos).
Logo de facer parte da 4ª etapa (Betanzos – Bruma) o pasado 29 de xaneiro, nesta nova andaina percorreremos 18 kilómetros dos 47 que nos faltan para chegar até Santiago de Compostela, combinando así os últimos kilómetros da 4ª etapa e os primeiros da 5ª (Bruma – Sigüeiro). Repartiremos os kilómetros restantes en dúas andainas máis, que terán lugar, previsiblemente, en abril e maio, respectivamente.
Durante o percorrido faremos unha parada para xantar. Cada persoa levará a súa comida e bebida.
Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Se esta é moi desfavorable, con vento e chuvia fortes, a andaina será adiada até outra data máis propicia.
Dificultade: MEDIA-ALTA. É recomendable estar afeito/a a camiñar.
Duración estimada: 18 kilómetros, 5 horas camiñando
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.
INSCRICIÓN: até o mércores 16 de marzo.
PREZO: 10€
O pagamento da cota realizarase no Departamento de Inglés o mércores, 16 de marzo, de 18:00 a 20:00h, ou o xoves 17, de 13:00 a 14:00h. Agradecemos que se achegue a contía xusta.
Se unha persoa non abona o pagamento da cota nas datas sinaladas, o EDLG poderá dispoñer da praza reservada para outra persoa interesada. O pagamento da cota non será reembolsable, excepto naqueles casos debidamente xustificados.
Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
FORMULARIO DE INSCRICIÓN