Deixar un comentario

Andainas 2021 / 2022. O Camiño Inglés – 5ª etapa (de Bruma a Sigüeiro)

File:Oroso hórreo.jpg

Hórreo, Oroso (A Coruña)
L.Miguel Bugallo Sánchez (http://commons.wikimedia.org/wiki/User:Lmbuga)

DATA: sábado, 30 de abril de 2022 

SAÍDA: encontrarémos ás 8:45h diante da Oficina de Correos de Ferrol para irmos en autocar até a igrexa da Mercede, en Poulo (Ordes).

O servizo de autocar fará dúas paradas máis, tanto á ida como á volta, en Fene (avenida Naturais, diante do Gadis) e en Cabanas (no Areal, diante da churrería Las Vegas).

REGRESO: sairemos en autocar sobre as 16:30h de Sionlla de Abaixo (Santiago de Compostela) e chegaremos sobre as 17:45 a Ferrol (de novo, diante da Oficina de Correos).

PROGRAMA:

As Andainas continúan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, proxecto iniciado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) no curso 2019-2020, e do que puidemos completar as tres primeiras etapas (Ferrol-Fene, Fene-Pontedeume, Pontedeume-Betanzos).

Logo de facer a 4ª etapa do Camiño Inglés (Betanzos – Bruma) en dúas partes, nesta nova andaina continuamos a dividir as etapas tradicionais para facelas máis accesibles. Esta vez, percorreremos os 19 kilómetros dos 29 que nos faltan para chegar até Santiago de Compostela.  Combinaremos os últimos kilómetros da 5ª etapa (Bruma – Sigüeiro) e os primeiros da 6ª (Sigüeiro – Compostela). Percorreremos os 10 kilómetros que nos restan até Compostela nunha última andaina que terá lugar, previsiblemente, o sábado, 21 de maio. 

Durante o percorrido faremos unha parada para xantar. Cada persoa levará a súa comida e bebida.

Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Se esta é moi desfavorable, con vento e chuvia fortes, a andaina será adiada até outra data máis propicia. 

Dificultade: Baixa. Non obstante, é recomendable estar afeito/a a camiñar.

Duración estimada: 19 kilómetros, 5 horas camiñando

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: até o luns 25 de abril

PREZO: 10€

O pagamento da cota realizarase no Departamento de Inglés o mércores, 27 de abril, de 18:00 a 20:00h, ou o xoves 28 de abril, de 13:00 a 14:00h. Agradecemos que se achegue a contía xusta.

Se unha persoa non abona o pagamento da cota nas datas sinaladas, o EDLG poderá dispoñer da praza reservada para outra persoa interesada. O pagamento da cota non será reembolsable, excepto naqueles casos debidamente xustificados. 

Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: