Deixar un comentario

Andainas 2021 / 2022. O Camiño Inglés – 6ª etapa (de Sigüeiro a Santiago de Compostela)

Catedral de Santiago
Autor da fotografía: Mariano Mantel
https://www.flickr.com/photos/mariano-mantel/47814222571
https://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.0/

 

DATA: sábado, 21 de maio de 2022 

SAÍDA: sairemos en autocar ás 8:30h desde a Oficina de Correos de Ferrol e dirixirémonos até Sionlla de Abaixo (Santiago de Compostela), onde comezará a nosa andaina.

O servizo de autocar fará dúas paradas máis, tanto á ida como á volta, en Fene (avenida Naturais, diante do Gadis) e en Cabanas (no Areal, diante da churrería Las Vegas).

REGRESO: sairemos en autocar ás 17:00h de Santiago de Compostela e chegaremos sobre as 18:30 a Ferrol (de novo, diante da Oficina de Correos).

PROGRAMA:

As Andainas continúan neste ano académico o proxecto sobre o Camiño Inglés, proxecto iniciado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) no curso 2019-2020, cando se completaron as tres primeiras etapas: Ferrol-Fene, Fene-Pontedeume, Pontedeume-Betanzos.

No presente curso, retomamos o proxecto e fixemos a 4ª e 5ª etapas entre os meses de xaneiro e abril. Nesta nova andaina pola 6ª e última etapa, percorreremos os case 10 kilómetros que nos faltan para chegar até Santiago de Compostela. Unha vez alí, disporemos dunhas horas libres pola cidade para que cada quen as aproveite como estime oportuno.

Cada persoa encargarase da súa propia comida e bebida.

Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día. Se esta é moi desfavorable, con vento e chuvia fortes, a andaina será adiada até outra data máis propicia. 

Dificultade: Baixa. Non obstante, é recomendable estar afeito/a a camiñar.

Duración estimada: 10 kilómetros, 2 horas camiñando

QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina.

INSCRICIÓN: até o venres 13 de maio

PREZO: 10€

O pagamento da cota realizarase no Departamento de Inglés o mércores, 18 de maio, de 18:00 a 20:00h, ou o xoves 19 de maio, de 13:00 a 14:00h. Agradecemos que se achegue a contía xusta.

Se unha persoa non abona o pagamento da cota nas datas sinaladas, o EDLG poderá dispoñer da praza reservada para outra persoa interesada. O pagamento da cota non será reembolsable, excepto naqueles casos debidamente xustificados. 

Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: