
DATA: luns, 28 de novembro de 2022
SAÍDA: sairemos ás 18:10 da entrada principal da Escola Oficial de Idiomas (rúa Real).
DURACIÓN ESTIMADA DO ROTEIRO: ata as 20:30 (2 horas aprox.)
PERCORRIDO: iremos polas rúas de Ferrol achegándonos a algúns dos lugares emblemáticos da loita obreira na cidade. Posto que é unha actividade ao aire libre, levarémola a cabo sempre que as condicións meteorolóxicas nolo permitan. Con chuvia forte e vento a actividade non terá lugar e será adiada a outra data por determinar.
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI de Ferrol e as súas familias. Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, supón por parte das persoas participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante o roteiro.
INSCRICIÓN GRATUÍTA: até o venres 25 de novembro
Esta actividade é gratuíta, mais ten un número limitado de prazas (30). Aquelas persoas inscritas que non se presenten o día da actividade no lugar e hora indicados cederán a súa praza a outra persoa interesada. Se unha persoa se inscribe e, finalmente, non vai poder acompañarnos, agradecemos que no lo comunique por correo con antelación.
Se tiveres calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
FORMULARIO DE INSCRICIÓN