EOItv

EOItv 15 – Praia das Catedrais e Ribadeo

Domingo, 11 de maio de 2014. O EDL desprazouse á Mariña Lucense para visitar a sonada Praia das Catedrais e logo camiñar ao longo da costa ata chegar a Ribadeo. O video recolle ademais entrevistas aos membros do EDL nas que narran as súas experiencias como participantes deste proxecto dende o seu inicio.

EOItv 14 – Granxa Maruxa e Monterroso

Domingo, 23 de marzo de 2014. A visita á Granxa Maruxa foi o punto de partida da andaina polas terras de Monterroso. Así o recolle este novo capítulo da EOItv.

EOItv 13 – San Sadurniño e Xanceda

Programa número 13 da EOItv e primeiro neste curso académico 2013-2014 que recolle as habituais novidades en torno ao EDL e as entrevistas aos participantes nas súas actividades. Tamén inclúe o video resumo das dúas primeiras andainas deste curso: – Horta de conservación de froitas autóctonas e Ruta do río Aceiteiro (San Sadurniño) – A […]

EOItv 12 – Ruta da Costa da Égoa

Derradeiro capítulo deste curso 2012-2013 que recolle as experiencias vividas na andaina pola fermosa ruta da Costa da Égoa, no concello de Carral.

EOItv 11 – Xermade e Sotavento

Última entrega do noticieiro da EOItv. Nesta edición veremos imaxes e opinións dalgúns dos integrantes da andaina que levou ao EDL ao concello de Xermade e á visita ao parque eólico experimental Sotavento.

EOItv 10 – Cerceda e visita a SOGAMA

Décima entrega do noso canal que recolle as novas do EDL e, en particular, as imaxes da andaina pola vila de Cerceda, a posterior visita á planta de reciclaxe de SOGAMA e mailas entrevistas a algúns dos participantes:

EOItv 09 – Ruta dos muíños de Esmelle

Esta nova entrega da EOItv recolle o acostumado noticieiro e as impresións dalgúns dos participantes na segunda das andainas deste curso escolar 2012-2013 pola ruta dos muíños da parroquia de Esmelle (Ferrol).

EOItv 08 – Aula de ecoloxía e Ruta dos castelos

Xa está dispoñible un novo capítulo da EOItv. Esta entrega recolle as imaxes da primeria andaina do curso 2012-2013 así coma entrevistas aos participantes nela.

EOItv 07 – Santo André de Teixido

Xa podemos ver a sétima emisión de EOItv en rede! Nesta edición amosámosvos a sexta e derradeira andaina deste curso  a Santo André de Teixido pasado por auga. Amáis diso queremos deserxarvos un bo verán. Ata o vindeiro curso.

EOItv 06 – As Fragas do Eume

Xa podemos ver a sexta emisión de EOItv en rede! Nesta edición vemos a sexta andaina polas Fragas do Eume entre auga e cinza…