Información xeral

Magosto 2016 na EOI Ferrol

O vindeiro xoves 10 de novembro ás 18:00 celebraremos a tradicional festa do Magosto na cafetería da EOI Ferrol. – Poderemos gozar da degustación de castañas, boliños preñados e queixo con marmelo. – De seguido teremos unha sesión de lectura de contos de medo a cargo de Antón Cortizas. A venda de entradas (2€) comezará […]

Calendario EDL EOI Ferrol 2014-2015

Xa temos actualizada a sección do Calendario do EDL coa publicación do traballo feito ao longo do curso pasado por membros da comunidade escolar (profesores, alumnos e persoal non docente). Podedes acceder a el dende o menú lateral deste blog ou premendo na ligazón que facilitamos de seguido:  Calendario EDL EOI Ferrol 2014-2015 Lembrade que […]

Letras Galegas 2014

Neste ano 2014 a figura homenaxeada no Día das Letras é o poeta lucense Xosé María Díaz Castro. Coincide este ano co centenario do seu nacemento, 19/02/1914, O Vilariño, Guitiriz (Lugo). Premendo na seguinte ligazón poderedes atopar interesante información respecto da súa biografía, da súa obra así coma acceso á listaxe dos homenaxeados nesta conmemoración […]

O equipo do EDL felicita o Nadal 2013

Dende o EDL EOI Ferrol queremos desexarvos unhas felices festas de Nadal 2013 e un mellor e máis próspero ano 2014. S S O Equipo de Dinamización Lingüística da EOI Ferrol

Club de Montaña Ferrol

Engadimos este artigo ao noso blog para amosar o noso agradecemento ao Club de Montaña Ferrrol, valioso colaborador na preparación das andainas que organiza o EDL. Esta entidade, ubicada na comarca de Ferrol, naceu no ano 1974 e dende entón ven realizando actividades de escalada, montaña, esquí, espeleoloxía e naturaleza. O MontBlanc, por exemplo, foi […]

Sogama distribúe un código de boas prácticas ambientais en Nadal

Dado que, xunto ao verán, constitúe a época do ano na que máis refugallos se producen, a Sociedade Galega do Medio Ambiente decidiu divulgar este pequeno manual dixital para axudar á cidadanía a manter unha conduta responsable desde a dimensión ambiental e económica. É por isto que, na introdución do mesmo, o presidente desta entidade […]

EDL EOI Ferrol en Facebook

Dende o pasado 24 de novembro podedes atopar en Facebook a páxina do EDL EOI Ferrol. Atoparedes o enlace na barra de menús da páxina principal do blog. Se queredes acceder dende este artigo premede no seguinte enlace: Facebook EDL

Inicio

Benvid@s ao espazo virtual do EDLG (Equipo de dinamización lingüística da lingua galega) da EOI de Ferrol. Neste blogue iremos informando ao longo deste curso 2012-1013 de todas as actividades do proxecto lingüístico de centro: As andainas da eoi de Ferrol . Equipo de Dinamizacion Lingüística da EOI de Ferrol PROFESORADO Cani Oubiña, coordinadora e […]

Outubro 2011

O primeiro paso neste mes de outubro e darlle a maior difusión posible ao proxecto. Co equipo de dinamización colabora o profesorado nesta tarefa.  A creación deste espazo virtual de comunicación e información vai ser o lugar onde o alumnado atopará toda a información sobre as actividades a realizar e onde se poderá  inscribir para as andainas.