Deixar un comentario

II Andaina 2013-2014: Visita á Casa Grande de Xanceda (Mesía) e PR-G-117 Ruta da fraga aos muíños

DATA: Domingo, 24 de novembro

SAÍDA: Ás 09:45 diante do Edificio de Correos (Pza. de Galicia)

REGRESO: Saída do autobus ás 17:30

Andaina San SadurniñoPROGRAMA:

  • 11:00–12:30 Visita guiada pola granxa Casa Grande de Xanceda e degustación de productos da granxa.
  • 12:30-17:30 PR-G-117 Ruta da fraga aos muíños en sentido inverso contando cun descanso de uns 90 minutos aprox. para xantar e facer as nosas entrevistas, fotos, etc.
  • 17:30 Saída do autobus cara a FerrolLÍNEA FANTASMA

NIVEL DE DIFICULTADE: Doado (aprox. 10Km)

IMPRESCINDIBLE: Cada participante levará a súa comida e bebida nunha mochila e levará calzado cómodo e roupa axeitada a climatoloxía do día.

EQUIPO DE GRAVACIÓN: Os que queiran participar neste equipo deberán indicalo na inscrición. Son necesario/as 5 alumnos/as e dos 5, un alomenos con coñecementos de inglés (mínimo intermedio). Este equipo entrará nun sorteo dunha viaxe a Lituania co proxecto europeo FROG, viaxe que se realizará en abril de 2014.

Quen pode participar na andaina? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente) e mailas súas familias.

Para participar na andaina: Participar nesta actividade organizada polo equipo de dinamización lingüística (EDL) da lingua galega supón por parte dos/das participantes o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a andaina. Falar galego durante a andaina ou aprendelo, gozar da nosa natureza, da nosa paisaxe tendo en conta o coidado medioambiental e participar nas entrevistas a realizar por alumnado da EOI son as bases das andainas. Os/as participantes terán en conta que as fotografías ou vídeos que se farán durante a andaina terán un carácter didáctico ou recordatorio que se publicarán en taboleiros da EOI, na revista do centro, no blog das andainas (EOItv), en medios de comunicación, na páxina web da EOI, etc. Todo participante levará un autocolante representativo da andaina e velará polo seus acompañantes no caso de levalos. Os/as participantes aceptan estas condicións ao inscribirse na andaina.

INSCRICIÓN: Dende o luns 11 ao domingo 17 de novembro completando o formulario que hai deseguido.

PRAZO REMATADO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: